Espetos de Lacón Gallego, chourizo e pataca galega

Voltar

Ingredientes:

  • Lacón Gallego
  • Chourizo
  • Pataca de Galicia
  • Unto
  • Grelos de Galicia

Elaboración:

  • Cocer o Lacón Gallego en abundante auga.
  • Cando lle falte media hora de cocción ao lacón engadir os chourizos e as patacas.
  • Cando estea todo tenro, retirar e deixar arrefriar.
  • Cortar cubos de lacón, pataca e rodas de chourizo e ensartar nun espeto.
  • Os grelos cócense na mesma auga do lacón e refréscanse en auga  fría, escorrer e triturar, engadindo aceite de oliva.
  • O espeto quéntase na auga de cocción do lacón
  • Acompañar cos grelos.
MinisterioFEADERXunta de Galicia
CR Lacón Gallego