Presentación

Para a súa comercialización, os lacóns presentarán as seguintes características:

Presentación CR Lacón GallegoFísicas

  • Base anatómica: osos do úmero, cúbito, radio, carpo, metacarpo e falanxes (polo tanto, sen escápula), así como as masas musculares inseridas nos mesmos e a graxa de cobertura.

  • Forma exterior: redondeada, perfilado nos seus bordes ata a aparición do músculo. O lacón estará enteiro, conservando a pel e a pezoña, pero sen os cascos.

  • Oscilará entre un mínimo de 3 kg e un máximo de 5,5 kg.

Organolépticas

  • Coloración: do rosa ao vermello púrpura.
  • Aspecto ao corte: limpo, brillante, con graxa parcialmente infiltrada na masa muscular.
  • Aspecto externo: limpo e firme.
  • Textura: firme ao tacto.
  • Graxa: de untuosidade variable, cor abrancazado, aromática e con sabor agradable.
  • Aroma: suave e agradable, exento de rancidez e de olores raros.
  • Sabor: delicado e pouco salgado.

Ao marxe do arriba indicado, o “Lacón Gallego” con Indicación Xeográfica, en calquera das súas modalidades, sairá ao mercado cos seguintes elementos identificadores:

 Un precinto plástico, non reutilizable, que levará impresa unha numeración correlativa de 7 díxitos, o nome deste Consello Regulador e o seu logotipo.

Unha contraetiqueta cunha numeración correlativa de 6 díxitos, coa denominación e logotipo do Consello, que será colocada nas industrias unha vez estea rematado o proceso de curación do produto e este fora cualificado como apto para a súa comercialización.

Una Etiqueta Comercial autorizada polo Consello Regulador.

Etiqueta

MinisterioFEADERXunta de Galicia
CR Lacón Gallego