• En nome do Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida que teño o honor de presidir, dou a benvida ós internautas que decidiron visita-la nosa páxina web.
  • Desde esta fiestra a I.X.P. “Lacón Galego” desexa achegarse a todas aquelas persoas interesadas en obter información sobre o funcionamento e metodoloxía de traballo deste Consello Regulador e coñece-las características diferenciadoras e a trazabilidade dos productos amparados polo Consello “Lacón Galego e Lacón Galego Tradicional”.
  • Do mesmo xeito, atópase a disposición de vostedes un directorio de Industrias Cárnicas Elaboradoras inscritas no seo do Consello Regulador, así coma un punto de información que lles fai máis doado o contacto a través do correo electrónico e algunhas receitas que esperamos sexan do seu agrado.
  • Agradecémo-la súa visita e confiamos en que a información exposta lles satisfaga.

 

Saudos cordiais
LUIS CORUJO DIAZ
Presidente