
Como xa se sinalou, unha das tarefas máis importantes que ten encomendada este Consello é a de fomentar e controla-la calidade do producto amparado. Para levar a cabo esa misión puxéronse en marcha dúas grandes liñas de traballo:
Aseguranza da trazabilidade do producto
Elo supón o seguimento de todo o proceso, desde o nacemento dos animais ata que se obtén o producto final amparado pola Indicación. Lévase a cabo por controladores do propio Consello en tres fases ou puntos de control:
O primeiro supón o control documental e o cumprimento estricto do disposto pola lexislación vixente en materia de identificación e movemento de animais pertencentes ás granxas inscritas no Consello.
O segundo realízase a nivel de matadoiro; alí, un técnico do Consello Regulador colocará nas patas dianteiras que proceda un precinto numerado que permita relacionar esas pezas cos animais de orixe.
O terceiro ten lugar na industria cárnica, e consiste na colocación (na presencia de persoal do Consello Regulador) dunha contraetiqueta numerada en todos aqueles lacóns que foran cualificados coma aptos. Dita acción supón un requisito ineludible e sen o cal non se permitirá a comercialización do producto que teña que ir amparado baixo a Indicación Xeográfica “Lacón Galego”.
Programa de Mellora e Control de Calidade
Este Consello Regulador ten contratada unha empresa de control externo para levar a cabo dito programa. O obxecto do mesmo será verificar o grado de cumprimento do regulamento e identifica-la situación respecto de aqueles factores que marcan a calidade intrínseca do producto. O programa proposto baséase na análise e ensaio (nun laboratorio acreditado) de diferentes tipos de mostras seleccionadas mediante un sistema que garante a máxima representatividade e na revisión do estado de parámetros críticos dos distintos procesos. O resultado das análises desvelará a posible presencia das sustancias buscadas, incidíndose especialmente naquelas que podan interferir no ritmo normal de crecemento e no desenvolvemento dos animais, así coma a orixe das materias primas empregadas para a alimentación dos animais.
A todo esto hai que sumar dous aspectos:
1. A obriga de que todas aquelas granxas, matadoiros, salas de despece e industrias cárnicas de elaboración que teñan actividade dentro da Indicación estean inscritas na mesma, cumprindo para elo co que marca o noso regulamento no seu Capítulo VII, e o seguimento periódico que se lles fai por parte do persoal do Consello.
2. O control no punto de venta do Lacón Galego, o cal contempla aspectos tales como: prezo, condiciones de conservación, rotación do producto, uso indebido da marca,etc
