
Unha vez cualificados como aptos para a súa comercialización, os lacóns presentarán as seguintes características:
Físicas
· Base anatómica: osos do úmero, cúbito, radio, carpo, metacarpo e falanxes (polo tanto, sen escápula), así como as masa musculares inseridas nos mesmos e a graxa de cobertura.
· Forma exterior: redondeada, perfilado nos seus bordes ata a aparición do músculo. O lacón estará enteiro, conservando a pel e a pezoña, pero sen os cascos.
· oscilará entre un mínimo de 3 kg e un máximo de 5,5 kg.
Organolépticas
· Coloración: do rosa ó vermello púrpura
· Aspecto ó corte: limpo, brillante, con graxa parcialmente infiltrada na masa muscular.
· Aspecto externo: limpo e firme.
· Textura: firme ó tacto.
· Graxa: de untuosidade variable, cor abrancazado, aromática e con sabor agradable
· Aroma: suave e agradable, exento de rancidez e de olores raros.
· Sabor: delicado e pouco salgado.
Á marxe do arriba indicado, o “Lacón Galego” con Indicación Xeográfica, en calquera das súas modalidades, sairá ó mercado cos seguintes elementos identificadores:
Un precinto plástico, non reutilizable, que levará impresa unha numeración correlativa de 7 díxitos, o nome deste Consello Regulador e o seu logotipo. Será colocado no matadoiro polos nosos controladores, unha vez se comprobe a identidade e procedencia dos animais e se considere a pata dianteira correspondente como apta para a súa elaboración.
Unha contraetiqueta cunha numeración correlativa de 6 díxitos, coa denominación e logotipo do Consello, que será colocada nas industrias unha vez estea rematado o proceso de curación do producto e este fora cualificado como apto para a súa comercialización polo controlador do Consello.
Una Etiqueta Comercial autorizada e aprobada polo Consello.
